20 mar 2017

Carlos Casares:
Este ano Carlos Casares, será o homenaxeado no día das letras galegas. Naceu en Ourense o 24 de agosto de 1941, e morreu o 9 de marzo de 2002. Aos catro anos marchou para Xinzo de Limia, onde seu pai, Francisco Casares, traballaba de mestre. Carlos empezou a estudar no Seminario de Ourense en 1952, foi alí onde comezou o seu destino literario. O contacto co seu profesor de literatura foi decisivo á hora da súa vocación coma escritor.
Casares publica en 1967 Vento ferido. Un ano máis tarde gaña o primeiro concurso de relatos con A galiña azul, un conto para nenos. Despois converteuse en xornalista en La Región de Ourense. Nesta década (1961-1970) acaba mal porque Carlos é acusado de “comunista”, e acaba expedientado, despedido e inhabilitado para impartir docencia en todo o territorio galego, marcha para Bilbao.
En 1971 Casares coñece a Kristina Berg unha moza sueca e máis tarde casa con ela.
No ano 1982, sae elixido deputado ao Parlamento de Galicia, presentouse ás eleccións como “galeguista independente” nas listas de PS de G-PSOE.
En 1992 Carlos empeza a publicar na Voz de Galicia a súa columna na marxe. Deixou de ser tan só un escritor coñecido para converterse nunha figura popular moi querida.


Lucia Fernández Caeiro 2R

Idiosincrasia de Galicia

Todo comezou no mes de novembro cando saíu un anuncio que realiza unha cadea de supermercados, que dende logo, non ten comparación con ningún spot que se basea principalmente en rimas ou cancións que, se as analizas, carecen de sentido.
 
"Por un futuro á galega" É o seu tema. A gravación mostra unha entrevista elaborada pola mocidade a unha galega que está preto de ter cen anos.
 
A protagonista recorda como era a vida de antes e a evolución da humanidade ante os seus ollos. Cando era nena transportábase en burra, logo viu ao home chegar á Lúa, e agora chega a ter a súa propia tablet. Ela destaca a constante sensación de que o mellor estaba sempre por chegar.
"Se non se sabe a onde se vai, para que ir tan á présa?" É o que opina do mundo actual (baixo a súa visión) dominado polos malos hábitos na alimentación a base de comidas lixo e soidade. "Cando traballamos xuntos chegamos a onde queremos", afirma.

Propón a formación dun mundo diferente, dun mundo á galega: cunha dieta equilibrada, incluíndo, na súa maior proporción, alimentos que nos proporcionan as hortas, en xeral, levar unha vida máis relaxada, aspirando a convertirnos en mellores persoas, soñando, e sendo sempre moi positivos.
 
Foi nese intre cando coñecín o concepto de idiosincrasia, que é o modo de ser característico que nos diferenza doutros. Aparecía nun artigo sobre este anuncio.
Penso que este anuncio é un dos que o representa mellor, xa que hai costumes ou tradicións da sociedade galega que non se lles dá a importancia que merecen.

Marta Tacón Cristobo, 3ºB



19 mar 2017

O meu cabalo de metal

Resultado de imaxes para caballo de metal
O meu cabalo alimentabase de vapor e  co paso do tempo empezou ca gasolina e agora alimentase enchufandose ,a súa cor varia, hai moitas especies . O seu núcleo é un corazón de ferro, impasible e obedente a o seu amo .O seu ollo é do mellor cristal ,ten unhas pestanas impermeables que limpan o seu ollo e localízanse nos estremos deste , tamén ten unhas orellas que lle axudan a visualizar  da súa parte traseira e ten uns buratos que lle proporcionan unha visión na escura noite. Cada cabalo ten un número característico e único.Nas súas patas, encontramos as súas  ferraduras que son dun material impermeable pero esvaran con xeo. Adiviñaches que é?


Pedro Rey Raviña 3ºA