19 nov 2013

ESLAMIADO

Esta palabra aparecía nun exercicio sobre a comida, anoteina porque me chamou moito a atención, xa que non se parece nada ao castelán. Significa: que non ten sal abondo, sen sabor...

 Nuria 2ºS


Empezou o curso
volver a estudar;
os exames, os deberes...
todo isto deberalo facer
para así saber responder
as preguntas que che han de facer.
Agora non conta o móbil nin a televisión
o que si pode contar un pouco, o ordenador,
se dis que tes que facer un traballo
ó mellor no Tuenti, no Twiter ou no Facebook
pódeste meter, sempre que túa nai non te cache nel.

Ai! É verdade que non che esqueza entrar no blog Primeira Lingua. Se segues o mesus consellos fixo que aprobas, pero segue estudando senón este curso halo pasar moi brando, faime caso. Pero agora...tócache a ti!

Ana, 2ºESOR

30 sept 2013

O comezo do curso


As boas cousas pasan voando. Un bo exemplo é o verán, que veu pero xa marchou, e como a todo o mundo a min tócame volver á rutina... O pasado dezaseis de setembro comezaron as clases, e con elas os novos profesores, a nova aula, os novos compañeiros... A verdade é que tiven boa sorte, niso non hai queixa. Lévome ben con todos os rapaces e rapazas, e os profesores amosan simpatía. Ao longo do curso veremos se é así, mais creo que non me confundo.
Pensei que comezar segundo ía ser peor, pero lévase ben, aínda que... A miña cama bótame de menos! Pero en fin, comecemos con bo pé e animémonos a participar no blog e nas aulas do curso 2013-2014. Benvidos!

Carla Gómez Beiroa 2ºS