20 jun 2013

Teño o corazón senlleiro on PhotoPeach Teño o corazón senlleiro on PhotoPeach 1ºT1 Helena Fajín Riveiro.

AUTOBIOGRAFÍA POÉTICA




  Podería ter nacido en Xúpiter, en Urano, en Xapón ou en calquera sitio descoñecido, pero non, nacín en Santiago de Compostela ,Galicia, o lugar máis fermosa do mundo para min.

                                 Cousas que lembro

 Os bos momentos da miña vida. Os bos amigos do pasado. As cancións bonitas que escoitaba. A primeira vez que collín un violín. A primeira vez que fun en tren. A vez que souben que tiña unha nova curmá.


                           Cousas que me agradan

  O sorriso dos meus familiares. O bico que me dan os meus pais pola noite. A gran aperta que me dá a miña curmá cada vez que me ve.


                           Cousas que sabía facer

  Saltar á comba durante moito tempo. Facer un Sudoku, escribir igual de ben coas dúas mans. Aguantar a respiración debaixo da auga moito tempo.

NURIA GONZÁLEZ 1ºR