31 may 2013
Entrevista a Marga Romero
Esta é a entrevista que lle fixo Ramón Daniel Regueiro de 2ºS, alá polo mes de febreiro, á escritora Marga Romero. Despois dalgúns "problemas técnicos" por fin podemos publicala. Bo traballo, Ramón! E moitas grazas Marga pola túa colaboración a as túas palabras.
21 may 2013
Obradoiro de Hip-Hop
Esta mañá
pasámolo xenial,
con Serxio García
unha mañá moi divertida.
Hoxe o alumnado de 2º de ESO tivemos unha mañá un tanto diferente. Veu Serxio García, un rapeiro do grupo Dios Ke Te Crew. Explicounos ben o que eran Rap, Graffiti e Break Dance e as diferenzas que hai entre estes. Foi moi interesante e divertido xa que logo fixemos grupos de cinco para facer raps sobre o que nós quixésemos. Púxonos unha base de música para "inspirármonos". Logo, ao rematar, algúns de nós fomos pedirlle uns autógrafos e houbo un peculiar que lle escribiu a Estrella. Este ao final dicía:
"Na fronte unha estrela,
no bico un cantar".
Agora a profe mandounos buscar de quen é ese fragmento de poema, como segue e a quen está dedicado. Se o facemos ben poderemos adicar unha clase a dedicar poemas aos demais compañeiros.
Marta Eugenia López Rodríguez (con algunha axuda dos compañeiros)
2ºESO S
11 may 2013
Roberto Vidal Bolaño
Un traballo co percorrido que fai Xoaquín Freixeiro pola vida e a obra de Roberto Vidal Bolaño, autor homenaxeado este ano co Día das Letras Galegas:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)