Ai os da Pontepedriña cando van pola Ribeira!
Ai os da Pontepedriña cando van pola Ribeira!
Descalciños pola area, parecen a rianxeira,
descalciños pola area, parecen a rianxeira.
Alumnos veñen, alumnos veñen.
alumnos veñen e van.
Que veñan os de Rianxo,
que ben o imos pasar!!
A que non sabedes quen é Manuel Antonio? Pois nós, o alumnado de 4ºda ESO, si! E ademais sabemos, porque a vimos, que ten unha casa museo en Rianxo de planta baixa e dous andares. Nela puidemos ver de abaixo a arriba como foi medrando na súa traxectoria de poeta.
Ao principio vimos unha colección de fotos tomadas polo curmán do escritor, nas que observamos a vida deles, especialmente relacionada co mar.
No primeiro andar explicáronnos como foran os seus comezos e algunhas anécdotas. Sabiades que con só dezaseis anos, el e os seus amigos Manuel Xoaquín González e Marcial Rodríguez fixeran un pacto de sangue? Con el comprometíanse a falar e defender o galego sempre. Pois agora xa o sabedes!!
No último andar testemuños da rebeldía de Manuel Antonio. Lembranzas del en compaña doutros grandes: Castelao, Risco, Otero Pedrayo...
Logo tocou ir ao Museo do Mar: conceptos básicos sobre artes de pesca, embarcacións... e aínda repasamos un pouco de xeografía cun mapa que había no chan.
a penúltima visita foi ao "Museo de Nós de Nuco", un interesante artista local no que puidemos ver as súas esculturas de grandes iconas galegas, principalmente escritores.
Pero para nós, sen dúbida, a mellor foi a última visita: ao IES Félix Muriel, onde nos recibiron ao grande, ao son da Rianxeira. Aí estabamos todos, rianxeiros e santiagueses, convivindo, coñecéndonos, pasándoo ben.
E que mellor maneira de finalizar o día que facelo na praia recitando todos xuntos o "Adeus" de Manuel Antonio?
Agora tócalles a eles devolvernos a visita. Agardámosvos!!!!
13 may 2015
8 abr 2015
Visita de Fina Casalderrey
Nesta segunda avaliación, os alumnos de 3º lemos A Pomba e o
Degolado, unha obra moi interesante escrita por Fina Casalderrey. A autora veu
visitarnos para contarnos emocionantes historias sobre a
súa vida e relatarnos dalgún xeito a orixe do libro e en que se inspirara.
A charla comezou cunha presentación sobre a autora feita por dúas alumnas do noso curso: Alejandra e Desi que cometeron un erro moi divertido, xa que falaron do seu marido tratándoo de “amigo”.
Despois disto, Fina comezou a falar, e polo menos a min, enganchoume tanto coma o libro. Foi moi graciosa, xa que xuntaba as súas incribles historias con bromas moi simpáticas polo medio. Esas horas estiveron cheas de anécdotas sobre a súa vida, unha delas foi a dun rapaz do seu antigo colexio, que ten unha certa semellanza cun dos protagonistas da historia. Este mozo, ao ter unha vida persoal complicada debido aos problemas que tiña a familia, ao redactar unha cousa, sempre escribía a mesma tráxica historia: a súa.
Despois de todo isto, quedounos un tempo para poder facerlle unhas poucas preguntas sobre o libro. Por último, e xa para finalizar, Fina asinou a todos os alumnos e alumnas que quixeron cadanseu libro.

26 mar 2015
ELO
Esta palabra saíu nun exercicio da clase no que tiñamos que poñer o nome que formaban os distintos debuxos.
Elo: cada un dos aros que forman unha cadea.
Nuria González Iglesias 3ºC
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
.jpg)