Hai algo mellor que que se repita un obradoiro co que perder clase? Pois si. Que se repita un obradoiro ENTRETIDO e PRODUCTIVO co que perder clase e á vez APRENDER COUSAS INTERESANTES. Pero o mellor atopámolo no contido. Unha vez máis, levado a cabo por García MC (rapeiro de Dios Ke Te Crew), disfrutamos dunha boa mañá na súa compaña.
Saímos de alí entendendo que o rap non é un sinxelo estilo de música. Que por levar unha gorra e uns "pantacas" non es rapeiro (aínda que a estética tamén conte). Que as letras que se escriben non saen así como así. Todo ten o seu significado. O rap é unha forma de vida. É a forma de vida de máis persoas das que cremos.
Nas letras pódense camuflar infinidade de críticas, de sentimentos dende a carraxe ata o amor. Todo iso foi o que nos explicou, ademáis de moitos outros conceptos relacionados como hip-hop, scratch, beatbox, breackdance ou graffiti.
Aquí vos deixo unha ligazón que nos recomendou, na que poderedes ver verdadeiro arte na rúa: Desordes Creativas
Encantoume o anaco que nos amosou de "Beat Street", unha película dos 80 da que vimos unha batalla de breackdance. Botádelle un ollo a esa parte: Beat Street Breackdance Battle
Para os curiosos e curiosas, aquí tedes outras cousas tratadas no obradoiro:
- Scratch (The Film)
- Looking for the perfect beat (unha melodía de electro/hip hop de Afrika Bambaataa & the Soulsonic Force. Estaría ben que mirarades a ligazón de Bambaataa)
- KRS-One (Rapeiro afroamericano de orixe Xamaicana)
Por último, fixemos raps en grupos coa temática que nos dese a gaña. O noso baseouse nunha sutil crítica do instituto e dos profes, que seguramente se publique na revista do centro.
Para finalizar este artigo, o alumnado de 4º de ESO dámoslle as grazas a García por vir e aos profesores que conseguiron organizalo todo.
Ata a próxima!!!
Marta E. López Rodríguez
23 mar 2015
9 mar 2015
REO
Este libro conta a historia dun rapaz afeccionado ao graffiti, o seu alcume, Reo, non sabemos nada máis...
Reo está nunha crew chamada A-100, que vai celebrar un concerto cun final inesperado. Pero isto non é o único que ocorre ao longo da historia, Reo axuda a unha compañeira de clase, chamada Cora, a que non volva ao Brasil co seu pai, e marchan a Madrid para intentar que ela quede a vivir cunha prima súa.
Nesta obra aparece por un lado o graffiti como un modo de expresión e crítica ante a sociedade e por outro o graffiti como vandalismo, "o pasatempos duns desvergoñados".

É un libro que me pareceu moi interesante porque está ambientado nunha época actual e pola historia persoal do protagonista que ao ser un rapaz novo ben podía ser calquera do noso instituo.
Recomendaríallo á xente que estea interesado en temas relacionados co graffiti.
Para ver o meu traballo completo preme aquí
24 feb 2015
Eu son Rosalía
Rosalía de Castro (1837-1885) está nas pantallas de millóns de
ordenadores a través do buscador Google que hoxe lle dedica o
seu “doodle” á escritora galega no 178 aniversario do seu nacemento.
Nós tamén queremos celebrar o aniversario cos traballos do curso pasado... Lembrades? A ponte a Rosalía on PhotoPeach
Nós tamén queremos celebrar o aniversario cos traballos do curso pasado... Lembrades? A ponte a Rosalía on PhotoPeach
Suscribirse a:
Entradas (Atom)