28 feb 2014

O entroido

Cóllemoslle prestadas estas tres interesantes presentacións sobre a celebración do entroido a LourenÇo. Son as que vimos na clase e Roberto quería subilas ao blog. Aí quedan, a ver se así convence os pais para que o leven a Laza...





27 feb 2014

ÉLITROS

 Esta palabra saíu nun exercicio que fixemos despois do ditado. Tiñamos que dicir o que significaba e como non o sabía, xa que nunca a escoitara, tiven que esperar a que o corrixiramos.

Significa: cada unha das dúas ás anteriores dos insectos que non son utilizadas para  voar senón como protección.










Nuria 2ºS

30 ene 2014

Día da Paz



 Deixamos aquí este caligrama do poema de Celso Emilio Ferreiro: "Digo Vietnam e basta" para conmemorar o Día da Paz.

 Se queredes ver a imaxe nun formato maior para ler o poema premede na seguinte ligazón.



paz.png

                                                                                     Xoán Domínguez San José (2º R)