14 ene 2014
DESEXOS
Aquí vos deixo un poema que fixen hai xa un tempo. Espero que vos guste e que todos os vosos desexos se fagan realidade!.
Mar Álvarez Rama.3ºA
DESEXOS on PhotoPeach
12 ene 2014
A ponte
Despois do éxito do vídeo do porquiño (un clásico xa), velaí tedes outro que seguro que vos prestará tamén...
Grazas a Ana por buscárnolo!!!
Grazas a Ana por buscárnolo!!!
Caricatura de Miley Cyrus
É unha muller moi coñecida no mundo da música pop. Vive en Estados Unidos, Tenessee. Ten ao redor de 25 anos, aínda que aparenta tres.A súa pel é branca pasando a cor crema, e semella que é un estraño caso dun xeado ao que lle saíron pernas e brazos. Non é moi alta, de feito, se se agacha un pouco, podería caber pola porta de Imaginarium dos pequenos. Ten o pelo moi curto e loiro; de bote, por suposto. O seu peinado é moi extravagante, e fai pensar que llo fixo unha vaca dunha lambetada. Os ollos son grandes e marróns, coma os dos personaxes de mangas, soamente que con tres botes de rimmel máis. Ten os dentes tan grandes que parece que llos prestou un cabalo.
No caso de como é psiquicamente, eu diría que cabezota e un pouco engreída. Ten o cerebro tan pequeno que se podería plantar no chan para que medrase unha planta de chícharos. É tan egocéntrica que xira ao redor de si mesma, literalmente. Algunhas veces resulta algo graciosa. Repito: algunhas veces. A súa mente só lle serve para subirse ás cousas, algo así como bolas de demolición. Haberá que mellorar a vixilancia na Catedral de Santiago, non vaia ser que lle dea por subir ao Botafumeiro.
Estrella Rivas Camino 3ºB
Suscribirse a:
Entradas (Atom)