Grazas a Ana por buscárnolo!!!
12 ene 2014
A ponte
Despois do éxito do vídeo do porquiño (un clásico xa), velaí tedes outro que seguro que vos prestará tamén...
Grazas a Ana por buscárnolo!!!
Grazas a Ana por buscárnolo!!!
Caricatura de Miley Cyrus
É unha muller moi coñecida no mundo da música pop. Vive en Estados Unidos, Tenessee. Ten ao redor de 25 anos, aínda que aparenta tres.A súa pel é branca pasando a cor crema, e semella que é un estraño caso dun xeado ao que lle saíron pernas e brazos. Non é moi alta, de feito, se se agacha un pouco, podería caber pola porta de Imaginarium dos pequenos. Ten o pelo moi curto e loiro; de bote, por suposto. O seu peinado é moi extravagante, e fai pensar que llo fixo unha vaca dunha lambetada. Os ollos son grandes e marróns, coma os dos personaxes de mangas, soamente que con tres botes de rimmel máis. Ten os dentes tan grandes que parece que llos prestou un cabalo.
No caso de como é psiquicamente, eu diría que cabezota e un pouco engreída. Ten o cerebro tan pequeno que se podería plantar no chan para que medrase unha planta de chícharos. É tan egocéntrica que xira ao redor de si mesma, literalmente. Algunhas veces resulta algo graciosa. Repito: algunhas veces. A súa mente só lle serve para subirse ás cousas, algo así como bolas de demolición. Haberá que mellorar a vixilancia na Catedral de Santiago, non vaia ser que lle dea por subir ao Botafumeiro.
Estrella Rivas Camino 3ºB
13 dic 2013
Caravel
Esta palabra apareceu nun exercicio no que se tiñan que colocar vinte termos segundo o seu campo semántico (ferrramentas, asentos ou flores). Eu non sabía onde poñela xa que pensei que se trataba dun barco e recorrín á profesora, ela sinaloume o dicionario e tiven que optar polo método lento.
Caravel:Planta herbácea co talo delgado e nodoso, follas estreitas e flores de distintas cores, de pétalos dentados.
Leo Cendán 2ºR
Suscribirse a:
Entradas (Atom)