17 abr 2012

Lenda - Leiro

 Hai moitos, moitos anos, guerreiros doutros pobos trataban de conquistar, saquear, apoderarse das riquezas dos lugarespor onde pasaban e deixaban mortos, desolación e pobreza, ás veces arrasando con todo. Trataban de buscar accesos fáciles: desfiladeiros, vales, ríos... Pola ría de Arousa foron varias as incursións que se fixeron en séculos e anos moi diversos.
Os viquingos, homes do monte, fixeron varias incursións no río Ulla cara a Compostela: 843...960...1106...
 Hai uns poucos anos, un veciño do lugar, escaravellando para facer unha caseta para gardar útiles de pesca, levou unha sorpresa ó atopar o famoso "Casco" de Leiro que en principio se lle atribuiu ós viquingos (hoxe no Museo Arqueolóxico de A Coruña). Despois de ben estudado demostrouse que era dunha cultura moi anterior, o que demostra que a ría de Arousa e o río Ulla foron transitados desde moi antigo por diversos pobos.
Esta lenda contouma meu avó.
   Mariña Rodríguez Gómez 1ºS          
                                                     
                                                                                                                 

Draco o dragón

Esta historia contábama miña tía cando era pequena. Facíamos un xogo para durmir, consistía en que ela me contaba un conto e eu outro distinto, a verdade é que era moi divertido.

Había unha vez un dragón chamado Draco, que vivía nunha cova afastado da xente. Un día, unha rapaza tivo a curiosidade de ver o dragón. Cando chegou, ela preguntoulle por que estaba soíño nesa escura e perigosa cova, el respondeulle que era porque ás veces, mentres falaba, botaba lume pola boca e era moi perigoso.
De repente cos pelos quiemados aparece ela, era culpa de Draco. El sentíase mal por facerlle dano e díxolle que marchara e nunca volvera.
Pasaron varias semanas, e á rapaza ocorréuselle unha gran idea, visitar ao mago do pobo para que fixera un líquido máxico para curar a Draco do seu problema.
E así foi, ela achegouse á cova e deulle o líquido, o dragón curou rapidísimo.
Eles dende aquela tiveron conversas fascinantes e viviron aventuras moi emocionantes investigando segredos ou misterios da xente.
Por iso, foro os detectives do pobo para sempre.
  Uxía Moreira Campos 1ºS

14 abr 2012

A Santa Compaña

Conta a lenda que a Santa Compaña era a anunciadora da morte.Santa compaña podía ser un santo ou unha santa dependendo da persoa se era home ou muller. Ía acompañada de almas en pena, vestidas con túnica branca e descalzos, e enfronte unha persoa viva os acompañaba cunha sacha e un caldeiro de auga bendita.
Ían buscando a alguén para anunciarlle a morte.
Poden atoparse preto dos camposantos pola noite, van rezando e cantando cánticos funebres. Hai moitas lendas que din que se te cruzas coa Santa Compaña, para que non te condenen a morte, tes que facer un circulo, poñerte dentro e rezar o Pai Noso sin mirar para eles.

Bran , 1ºS