10 dic 2011

souto



Aprendin a palabra ' souto ' cando Lois, o profesor de Plástica, nos dixo que a nosa seguinte parada da excursión a Lalín era un souto.



O seu significado é : ' un conxunto de castiñeiros '

Brais 1ºr2





9 dic 2011

O armiño



Este ano aprendín o significado de armiño que é un animal roedor similar ao furón. Ensinoumo a profesora de Galego cando estábamos lendo o texto " o armiño dorme ". Consigo lembrarme porque fixemos moitos exercicios sobre este fermoso animal.

Marta Torres 1ºR

3 dic 2011

Campos semánticos, e algo máis

Primeiro mira atentamente esta presentación:


Agora imos facer un par de actividades:

A primeira moi doada:
.Localiza no vídeo catro campos semánticos e engádelles cinco palabras máis que ti saibas.

A segunda son dúas preguntas, faciliñas tamén...:
. Para que cres ti que serve o galego?
. Pensa en tres cousas da túa vida cotiá que non poidas facer en galego.

Deixa as respostas nos comentarios do blog para discutírmolas despois na clase.